
O Concello da Coruña desenvolverá desde este venres a Semana das Letras Galegas cunha chea de actividades culturais e lúdicas nas que se mesturará música, danza, poesía, teatro, artesanía, ciencia, literatura e outras moitas disciplinas artísticas e literarias que permitirán amosar os traballos, espectáculos e produtos dos creadores e creadoras coruñesas, coincidindo coa celebración o 17 de maio do Días das
Letras Galegas.
O Concello celebrará do 12 ao 19 unha semana das letras e as artes para amosar a creatividade e a produción cultural contemporánea dos creadores e creadoras locais, artellando un programa de actividades aberto a todos os públicos e que permita resaltar o carácter culturalmente vivo, innovador, participativo e divertido da Coruña.
Así será a programación da Semana das Letras Galegas:
- Venres 12Biblioteca Os Rosales. 18:00h. | Espectáculo Raio de Loubicán, co teatro de títeres Mircromina (3-8 anos).
- Sábado 13Biblioteca Sagrada Familia. 11.00h. | Obradoiro O Gran Xogo das Letras, con Patricia Martínez (8-12 anos).Xardíns de Méndez Núñez 11:00h-14:30h | 17:30h -21:00h | Mercado de artesanía, libros, cómics e discos.11:30h-13:00h | Obradoiro: Iniciación á Ilustración para público infantil, por Paula Esteban.11:30h. | Faladoiro: O entrelazamento: a ciencia do poema. Charla con Estíbaliz Espinosa.13:00h. | Sesión vermú con Xurxo Fernándes - Levaino!18:00h. | Faladoiro: Intelixencia artificial ou natural? O impacto da IA nas profesións creativas, con Manel Cráneo, Tomás Conde e Santy Gutiérrez.18:00h-21:00h. | Obradoiro: Tecer cos dedos (tres quendas de un hora).19:30h. | Faladoiro: A Coruña plató. Ana Cermeño conversa con Emma Lustres e Jorge Coira.19:00h-21:00h. | Ruta urbana con Xurxo Souto: O retorno dos homes mariños. Contos da Cidade Barco.21:00h. | Concerto: Radio Océano.
- Domingo 14Xardíns de Méndez Núñez11:00h-14:30h | 17:30h -21:00h | Mercado de artesanía, libros, cómics e discos.11:30h-12:30h. | Obradoiro: Estampación téxtil con tintes naturais.11:30h. | Faladoiro: A Poesía non morde. Charla con Yolanda Castaño.11:30h-13:30h | Ruta urbana con Xurxo Souto: O retorno dos homes mariños. Contos da Cidade Barco (punto de encontro Palco da Música).13:00h. | Sesión vermú con Brais Morán & NASAUFUNK18:00h. | Faladoiro: Películas, revistas e cousas de internet, con María Yáñez.18:00h-21:00h. | Obradoiro: Fabricación de xoguete artesanal (3 quendas de 1h).19:30h. | Faladoiro: A Coruña e as Letras. Luís Pousa conversa con Yolanda Castaño e Xesús Fraga.20:30h. | Concerto: MOURA.
- Luns 15Biblioteca Monte Alto. 18:00h. | Obradoiro. Biografía ilustrada sobre Francisco Fernández del Riego, con Sheila García Prado (8-12 anos).
- Martes 16Biblioteca Durán Loriga. | 18:00h. Encontro-obradoiro. Pequena Fauna do Cantigueiro de Cotobade: cantigas, debuxos e pandeiretas, con David Carballal (5-12 anos).Xardíns de Méndez Núñez18:00h-21:00h. | Obradoiro: Elaboración de flores de coiro.19:30h. | Faladoiro: A Coruña é música. Javier Becerra entrevista a Sés.21:00h. | Concerto: Sés
- Mércores 17. Día das Letras Galegas.Xardíns de Méndez Núñez11:00h. | Actuación da Aturuxo A.F.11:30h. | Actuación da A.C. Donaire.12:00h. | Actuación da A.C.Son D ́Aquí.12:30h. | Lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego.13:00h. | Actuación de Cántigas da Terra.13:30h. | Faladoiro: Espectáculo poético musical: Chulísima con aldaolado.18:00h. | Faladoiro: A Coruña Literaria, presentada pola A.C. Alexandre Bóveda. Participan Carmela Galego, Jorge Castro e Mª Xosé Bravo.18:00h-21:00h. | Obradoiro: Realización de pulseiras de coiro (dúas quendas).19:30h. | Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán.20:30h. | Faladoiro: Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas).
- Xoves 18Biblioteca Castrillón. 18:00h. | Contacontos O Paroleiro, con Pablo Pablísimo (4-8 anos).Biblioteca Ágora. 18:00h. | Contacontos. Romaría, contos e lendas da nosa terra, con Raquel Queizás. (3-8 anos).
- Venres 19Biblioteca Fórum. 18:00h. | Contacontos. Contos para escoitar mentres bailamos un valse, co Caxoto (4-8 anos).Centro Sociocultural Ágora. 21:00h. | Concerto ÁgoraSon: Os Sons Esquecidos, con Abraham Cupeiro.






















