Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

As finalistas do concurso Manuel María de Composicións Musicais, en concerto na Coruña

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O salón de actos da Academia Galega de Belas Artes acollerá este martes ás 20.00 horas o concerto “Ausencias” que protagonizarán o pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo. Nel inclúense as catro cancións finalistas da IIIª edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais que vén organizando anualmente a Fundación do escritor para premiar a mellor canción de música lírica realizada sobre un poema de Manuel María.

'O Carro' de María Mendoza, 'Mito' de Luis Serrapio Fernández, 'Galiza' e 'Neno' de Saúl Aguado de Aza foron as pezas finalistas da IIIª edición do concurso que se celebrou o pasado 26 de outubro na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, resultando premiada a canción 'Neno' de Saúl Aguado de Aza, compositor, pianista e editor musical formado no Conservatorio Superior do Escorial e actualmente traballando para o Instituto Complutense de Ciencias Musicales de Madrid (ICCMU).

Esta actividade forma parte do programa Martes das Artes que está coordinado polo compositor e académico Juan Durán. A entrada será libre até completar o aforo do salón de actos da Academia Galega de Belas Artes (praza pintor Álvarez de Sotomayor, 1 (Panadeiras).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620