Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Afundación combina a aprendizaxe do inglés na súa programación escolar coa representación na Coruña de Derailed

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentará no Auditorio da Sede Afundación da Coruña, mañá xoves 9 de xaneiro, en dúas funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a obra de teatro para escolares en inglés Derailed, de Face 2Face Company, dirixida a público desde 1.º ata 4.º da ESO. Asistirán máis de 470 estudantes procedentes de 5 centros escolares da Coruña e arredores.

O teatro participativo é unha das ferramentas máis útis, prácticas e divertidas para aprender inglés. Na obra Derailed perpetrouse un misterioso asasinato, e o torpe inspector Cluelez foi designado para descubrir ao culpable nesta extravagante versión da novela de Agatha Christie, Asasinato no Orient Express. O vagón está cheo de personaxes excéntricos (afortunados membros do público), todos igualmente sospeitosos. Poderá o inspector atopar ao culpable ou terminará os seus días tendido sobre as vías do tren?

As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620