Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou para este mércores unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña.


Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir da tarde este mércores empezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa por mar combinado do noroeste, con ondas de até seis metros.


Por este motivo e co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, á Deputación da Coruña, aos servizos e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.


Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña

Te puede interesar