O BNG insta á alcaldesa a presentar unha queixa formal a "Masterchef"

Pepe Rodríguez, Jordi Cruz y Samantha Vallejo-Nágera, presentadores de Masterchef/EFE
|

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou onte un rogo oral para a súa lectura no próximo pleno, no que pide á alcaldesa que se dirixa ás persoas responsables de “ Masterchef” para transmitirlle a “protesta máis enérxica” pola falta de respecto ao idioma galego na que “ caeron os condutores do programa”.


Jorquera denuncia que os presentadores do programa non só se mofaron do idioma, senón que, ademais, nas declaracións posteriores, foi rebaixado á categoría de dialecto. O portavoz nacionalista lembra que o programa contou cunha xenerosa subvención do Consorcio de Turismo da Coruña, por un importe de 50.000 euros.


Non é de recibo que unha televisión pública nos falte ao respecto e é insultante que ou faga despois de ter recibido diñeiro precisamente do Consorcio de Turismo”, alega. Todo isto, ademais das palabras referidas ao anisakis do peixe, “ cómpre unha protesta formal”, conclúe. 

O BNG insta á alcaldesa a presentar unha queixa formal a "Masterchef"