O Concello da Coruña organiza pasacalles, obradoiros e espectáculos de maxia e lume na rúa polo Samaín

O Concello da Coruña organiza pasacalles, obradoiros e espectáculos de maxia e lume na rúa polo Samaín

O Concello da Coruña ultima os preparativos para as celebracións do Samaín.

Coincidindo coa celebración da ponte de Todos os Santos, diferentes áreas municipais organizaron actividades para todos os públicos que inclúen obradoiros, espectáculos na rúa e pasacalles durante a vindeira fin de semana.


O Concello busca deste xeito potenciar unha tradición moi arraigada en Galicia e potenciar o comercio de barrio con accións concretas en diferentes puntos da cidade. Nese sentido, haberá actividades en distintos centros de ensino. Serán nos colexios Sal Lence, Cidade Vella, Labaca, Sagrada Familia, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, de Prácticas e Fernández Latorre. O alumnado levará a cabo obradoiros de elaboración de disfraces e, con eles, farán un pasacalle polos comercios da zona.


Xa o sábado 30 de outubro estas actividades do Departamento de Promoción Económica e Comercio trasladaranse aos centros cívicos e aos mercados dos barrios. Os obradoiros infantís estarán dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos, que deberán presentar un recibo de compra de como mínimo 5 euros dun comercio de barrio de entre os días 15 e o 30 de outubro para participar.

O Concello da Coruña organiza pasacalles, obradoiros e espectáculos de maxia e lume na rúa polo Samaín

Te puede interesar