Acaso

Malia que lle declarei a guerra a RTVE desde que o PP o convertiu nunha especie de esterqueira, adoito seguir con moita frecuencia e atención o programa da sobremesa “Saber y ganar”, de TV2, espazo que leva emitidas máis de 4.300 edicións. Condúceno, como é sabido, Jordi Hurtado e Pilar Vázquez, coa voz en off de Juanjo Cardenal, alcumado “nuestro sabio” polo presentador. 
Hai uns días aparecían unha serie de monumentos para que os concursantes desen coa localidade na que se atopan. Un deles era a Porta Nigra de Treveris (Trier), que, por certo, a concursante de turno non soubo ubicar. A voz en deu unhas explicacións sobre a porta e sobre a dobre igrexa-santuario que mandou botar abaixo Napoleón. 
Mais non falou para nada de Carlos Marx –en Trier nado– nin do noso Prisciliano –alí decapitado por herexe–. Pola contra, parecéronme excesivas as alusións, que noutro momento se fixeron ó exceso de alcohol que Stalin lle daba a Churchill cando tiñan que pactar cousas no transcurso da guerra. Casualidades ou intención?

Acaso

Te puede interesar