Arca

Chegou gracioso o señor Feijóo. Sen avisar, case escondido, con máis policía que a infanta en día de xulgado, pero simpático. Ten medo a Ferrol e a verdade é que debe de dar bastante vergoña ser presidente e presentarse así nunha cidade onde goberna, pero a el non, chegou e contou un chiste. Non se parecen en nada as concentracións dos traballadores cada día na porta de Navantia ao Club da Comedia.
Tampouco debe ser o público que espera o noso ilustre visitante xa que segue sen querer reunirse con eles tanto tempo despois. O flotel é un alivio para a dramática situación da bisbarra pero todos sabemos que moi insuficiente e que a organización que representa o presidente se esforza en rexeitar outras medidas necesarias. É posible que de continuar o tempo así acábase construíndo finalmente unha arca na cidade pero o que o señor Feijóo sabe é que el queda en terra, teno ben merecido pola súa actitude cara a nós.

Arca

Te puede interesar