PRUDENCIA

Adoitase dicir que a prudencia e a nai de todas as ciencias. Tamén na política, ou sobre todo nela, a prudencia debe ser unha das características daqueles que aspiren a facerse un oco en tan difícil cometido, pois o máis pequeno desliz pode ter graves consecuencias.
Eis o caso dun dos principais compoñentes de Podemos,  que se enfrontou a o xefe da Facenda, dicíndolle que non lle tiña medo. Coido que iso é unha grave imprudencia, dado o grande poder que acumula o señor ministro, a quen é mellor ter como amigo e non como inimigo; como amigo, sempre pode aparecer unha amnistía fiscal; como inimigo, podería ser implacable.  
Eu confeso que ese señor me produce certo desasosego pois paréceme un personaxe sinistro. E non porque estea “situado na parte esquerda”, que non é o caso, senón porque presaxia malos agoiros e presenta un aspecto ameazador. Como amigo non me interesa, pero como a miña pensión pode depender del, mellor non telo como inimigo. Digo eu, claro.

PRUDENCIA

Te puede interesar