A punto

|

En maio do 2001, hai case quince anos, o goberno da Xunta de Galicia publicaba un folleto no que se explicaba a situación do país naquel intre, dicindo que Galicia estaba “a punto” e concretaba que estaban “a punto”, temas como A Cultura, O Emprego, As Comunicacións, O Turismo, A Sanidade, O Medio Ambiente, Os Servizos Sociais, O Deporte, A Xuventude, A Industria, A Agricultura, A Pesca e A Educación. 
Hoxe, quince anos despois, o panorama visto desde a nosa comarca amosa unha situación ben diferente á bonanza que daquela se nos quería facer ver. Xa que logo, a conclusión que podemos tirar, tras unha análise medianamente seria e imparcial é a de que, ou ben os gobernos galegos que viñeron despois desfixeron todo o que había feito, ou que nada había feito e que todo estaba “a punto” de afundirse e desaparecer. 
Pode que nalgúns casos a situación tivese mellorado algo, pero en xeral, coido que estamos aínda peor que daquela. Paréceme a min, claro.  

A punto