Conquistemos TikTok, a campaña a prol do galego nas redes

Conquistemos TikTok, a campaña a prol do galego nas redes

A campaña 'Conquistemos TikTok!', que comezou este domingo 21 de febreiro --Día da Lingua Materna-- e que durará toda esta semana "busca concienciar a comunidade galega e facer un chamamento a TikTok España" para que acepte o uso do galego --lingua cooficial enEspaña--, na plataforma.

O proxecto, promovido polo activista dixital Carlos Vieito e dentro da iniciativa ' TikTok en galego' conta coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística, que informou de que tramitará unha queixa a través da Liña do galego para denunciar o veto do idioma na rede social.

Segundo indicaron os responsables da iniciativa nun comunicado, "diferentes ' tiktokers' galegos, algúns deles con miles e millóns de seguidores, están a solidarizarse co lanzamento da campaña".

Os usuarios soben vídeos nos que utilizan o galego para a creación dos contidos e mesmo, nalgúns casos, denuncian directamente a prohibición do idioma na plataforma.

A iniciativa creouse despois de que a Xunta de Galicia informase de que Tiktok vetou unha campaña de apoio ao sector cultural, # aculturasegue, por estar en galego, un idioma non recoñecido como oficial pola plataforma, que en España só acepta o castelán.

"Espero que o Goberno galego realice as accións necesarias para instar a TIktok a incorporar a nosa lingua á plataforma e non quede simplemente nunha anécdota", desexou Carlos Vieito.  

Conquistemos TikTok, a campaña a prol do galego nas redes

Te puede interesar