Un novo plan de dinamización impulsa 81 medidas para levar o galego ás empresas

Un novo plan de dinamización impulsa 81 medidas para levar o galego ás empresas
O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria, Rom‡n Rodr’guez, participar‡ na reuni—n de traballo do Plan de Dinamizaci—n da Lingua Galega no Tecido Econ—mico 2016-2020.

O Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico bota a andar con 81 medidas e un orzamento de 5,1 millóns de euros para impulsar o uso do idioma propio de Galicia nas empresas. Un total de oito proxectos constrúen a estrutura a través da cal a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que dirixe Román Rodríguez pretende dotar –de aquí ao ano 2020– as empresas de ferramentas e accións que impulsen a utilización da lingua galega no ámbito empresarial.
O plan parte da base do avance do galego noutros sectores, como o cultural, o do ensino ou o da comunicación, pero asumindo que se “debe dotar de consideración social necesaria para ser tamén a lingua da economía, da industria e do comercio, dos contratos e os negocios, en Galicia e mesmo máis alá dos seus límites administrativos”. 
Así, trátase de pór en marcha un amplo abano de accións e medidas encamiñadas a darlle cumprimento aos obxectivos de reforzar e aumentar a presenza do galego no sector da economía, non só para ampliar os lazos comerciais das empresas galegas, “senón tamén para xerar un efecto multiplicador no resto da sociedade tendo en conta o importante papel que xogan as empresas á hora de crearen dinámicas de promoción do uso da lingua propia de Galicia”.
O órgano impulsor deste plan é a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pero todas as consellerías da Xunta estarán implicadas nun “proxecto unitario” que ten o seu horizonte nos próximos catro anos e que xa deu os seus primeiros pasos este mes de setembro coa primeira xuntanza de traballo, que contou, entre outras, coas achegas do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Dieter Moure; do presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez; do da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; ou de representantes de diversas empresas. 
Porén, o proxecto ten a súa base no incio da campaña de difusión do plan levada a cabo en 2015, cando se fixo un proceso participativo no que se lles presentou a iniciativa ás partes implicadas, para recoller delas as súas achegas. A resposta resultou moi positiva e, tras esta etapa de interacción, o total de envíos quedou instalado nos 286 e o número de achegas recollidas situouse nas 314.
En total, o plan impulsa 81 medidas que, segundo Política Lingüística, “tratan de fomentar a lingua galega a tavés da implicación doutros, de todos os actores relacionados cos diferentes sectores empresariais”. 
Co plan xa aprobado, o proceso de execución iniciarase nas vindeiras semanas baixo o seguimento do Observatorio da Lingua Galega e dun grupo de traballo permanente integrado por representantes tanto de Política Lingüística como das consellerías e do resto de entidades involucradas.

Un novo plan de dinamización impulsa 81 medidas para levar o galego ás empresas

Te puede interesar