Vázquez: “Temos certas opcións de salvarnos se somos capaces de facer o noso traballo”

Vázquez, durante o adestramento de onte en Abegondo | rcd
|

Fernando Vázquez vese con forza e non perde a esperanza de conseguir a permanencia nesta última xornada ante o Fuenlabrada, a pesar de que o Deportivo precisa da “axuda” de Albacete ou CD Lugo para certificar a salvación.

1. Esperanzado co encontro
“Nos poderíamos depender de nós ou non depender de nós, neste caso non dependemos de nós, pero a situación non cambia. Se dependeramos de nós teríamos que gañar ó partido e como non dependemos de nós temos que gañar o partido de todas, todas e neso estamos. A gañar o partido, é unha vez gañado teremos que ver qué pasou en outros campos. Eu considero que temos certas opcións se nos cumplimos co noso traballo”, advertiu o de Castrofeito.

2. O exemplo da segunda volta 
A pesar de que o Deportivo leva os tres últimos encontros perdidos, ante Málaga, Extremadura e Mirandés, Vázquez considera que o equipo demostrou na reacción da segunda volta a súa capacidade.

“O equipo trasládolle o orgullo do que fixeron na segunda volta. A pesar de que sabíamos, aunque é doado esquecelo, que era complicado, e incluso esta situación que é finalista, último partido, posiblemente o cen por cen dos aficionados do Deportivo haberianna firmado no mes de xaneiro”, recoñece o de Castrofeito.

Para él fixeron unha “segunda volta extraordinaria” e aunque cometeron “algún erro importante” pensa que “no conxunto xeral non hai nada que dicirlle ó equipo e nese equipo creo eu”.

“Se fomos capaces de gañar partidos importantes contra grandes equipos, por qué non vamos a gañarlle o Fuenlabrada?”, suliñou.

3. Responsabilizados coa situación
Sobre o sentir do equipo en estos intres indicou que iste está “superresponsabilizado, sabe a quén representa e o adestrador tamén”. Por ese motivo, é sabedor de que se conseguen gañar “e salvámonos, os xogadores serán héroes e se non o conseguimos temos que asumir a nosa responsabilidade”.

Por iso considera que é un encontro vital non só para o Deportivo, senón tamén para o deportivismo e para él mesmo, como técnico.

“É un partido moi importante para o Depor, o deportivismo e para o clube, iso é evidente. E como eu son o adestrador do Deportivo e síntoo moi adentro tamén é vital para mín, importantísimo, o mais importante, porque non decilo”, aclarou.

4. Pediu o apoio dos siareiros
Aínda que non poderán estar no Abanca Riazor, Vázquez considera vital o apoio dos siareiros e que exista unidade en torno o Deportivo.
“Trátase de fe, de estar co equipo, de unidade, porque nestes momentos é o que necesitamos. Non preciamos desconfianza ou excusas, precisamos estar todos xuntos”, apuntou.

Ademáis, criticou os que consideraban que él non estaba capacitado para o encontro. “Non entendo cómo alguén se pode atrever a dudar de cómo estou eu: estou superenteiro, super lúcido. Algunha xente quiere decir que estou de psiquiatra. Eu digo, como din os Riazor Blues, que o que non crea polo menos que non entorpezca”, aclarou.

5. A súa continuidade, sen desvelar
No tocante a se seguirá no banquillo do Deportivo se este baixara a Segunda B non quixo dar unha resposta e asegurou que se trataba de “unha pregunta para mañá (por hoxe)”.

Con respecto o rival do partido indicou que vanse atopar con equipo cun plantexamento o que non están acostumados. “Agardamos un equipo que vainos a esperar, é unha situación que vai ser un pouco diferente as que nos temos atopado ata agora", declarou.

Vázquez: “Temos certas opcións de salvarnos se somos capaces de facer o noso traballo”