Mecos ascende e Perillo, ao playoff

Mecos ascende e Perillo, ao playoff

Mecos Mondariz impúxose na I Bandeira de Cesantes, conseguindo así a súa segunda vitoria da tempada e o ascenso directo á Liga Galega A.

Salgado Perillo non puido aguantar o forte ritmo imposto pola Mequiña, que no terceiro longo lideraba a regata con 8 segundos de vantaxe sobre os oleirenses. No último longo, unha mala trazada da tripulación grovense e un gran longo de Salgado Perillo produciu que o gañador da regata se decidise por tan só dous segundos en favor dos grovenses.

Salgado Perillo terá que loitar agora polo ascenso a vindeira fin de semana no Grove, onde terá que loitar por un posto na Liga Galega A cas tripulacións de A Cabana e Puebla.

Na Liga Galega A proclamouse campión a tripulación de Amegrove, tras gañar a segunda xornada da XXII Bandeira Concello de Boiro, unha clasificación xeral que se decidiu polo número de vitorias, tras empatar a puntos con Chapela. n

 

Mecos ascende e Perillo, ao playoff

Te puede interesar