Lois Pereiro tamén é recordado no Chuac, un dos seus fogares coma doente crónico

El Ideal Gallego-2011-05-24-017-1dc1acce

  h.h. > a coruña

  O Salón de Actos do Hospital de A Coruña acolleu o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas, que organiza, como cada ano, o Grupo de Apoio á Língua Galega do Chuac. Co gallo da homenaxe a Lois Pereiro, impartiuse unha ponencia sobre o poeta que estivo a cargo do decano Colexio de Xornalistas de Galicia e irmán do escritor, Xosé Manuel Pereiro, que aproveitou a súa intervención para ler un trozo do seu diario no que sinalaba a experiencia neste mesmo sanatorio, e que contou coa asistencia da nai do ilustre monfortino.
Ademáis, a presentación do acto correu a cargo do xefe do Servicio de Reumatoloxía do complexo sanitario, Fausto Galdo, que recordou que Pereiro foi un doente máis do centro debido a unha patoloxía crónica provocada pola intoxicación co aceite de colza durante a súa etapa en Madrid. “Nos derradeiros poemas e no seu diario persoal aprecianse detalles das súas visitas a este sanatorio”, explicou Galdo.

Vivo > O Chuac organiza este acto dende hai dezaoito anos e o obxectivo do grupo e mostrar que a lingua está máis viva que nunca.  “Pereiro é un exemplo de que o galego é moderno e non é cousa do pasado. Capaz de ser protagonista na sociedade”, apuntou Galdo. Por outra banda, una traballadora social do Chuac, Luz Campello, leu un poema antes de que o Coro Saúde do Sergas interpretase o himno galego e puxera en pé a todos os asistentes. O salón de actos albergou a centos de médicos que non quixeron perderse a homenaxe á lingua e a Lois Pereiro. Galdo indicou que moitos dos poemas fan referencia a súa teima “terrible” e as visitas que realizaba con frecuencia a este complexo das Xubias. “E que fala das probas diagnósticas e dos médicos que lle atenderon, por iso este lugar foi tan importante para a súa obra”, sentenciou o reumatólogo. Incluso, derónse cita no evento persoal do complexo que tivo trato cercano co poeta que morreu no ano 1996.

Inconformista > Tratábase dun poeta inconformista e da contracultura, cuxa obra xa está traducida a varios idiomas. As súas verbas loitan contra unha morte que lle perseguía dende fai anos e da que o propio hospital foi testigo de excepción. Onte volveu a través dos seus poemas a un espazo que coñecía ben.


 

Lois Pereiro tamén é recordado no Chuac, un dos seus fogares coma doente crónico

Te puede interesar