Mercedes Peón | “Neste disco a diferenza é a pulsión de mesturarme con mundos creativos doutra xente”

Mercedes Peón | “Neste disco a diferenza é a pulsión de mesturarme con mundos creativos doutra xente”
Mercedes Peón durante unha das súas actuacións | maider jiménez

Co gallo da celebración do X aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, a contorna do faro romano albergará un concerto exclusivo de Mercedes Peón, o próximo sábado ás 21.30 horas.

Esta actuación “está enmarcada nun concepto que é “Achégate a min”, este título refírese a achégate a nosoutras, ás doce músicas que imos estar no escenario”, explica Mercedes Peón. A través do seu imaxinario, “utilizando a miña última obra, “Déixaas”, tratarán de facer “ese centro de luz, dicindo achégate a min, fíxate de preto”, e o que está preto neste caso “é a Rosa dos Ventos e a Torre de Hércules”.


“É como unha chamada de luz artística”, comenta Peón, e dende aí transitarán cara un video mapping. “Hai unha deconstrucción, da artista Laura Iturralde, que construirá e deconstruirá, a través dunha pantalla, a Rosa dos Ventos cos seus catros puntos cardinais”, explica Peón sobre a actuación do sábado.


Nesta especial cita acompañarán a Peón outras doce artistas como son Mónica de Nut, Ana Fernández, Laura Garrido, Yolanda Alleges, María Reimóndez, Laura González, Icía Varela, Olalla García, Sofía Vila, Laura Iturralde, Susana Suárez e Mar Suárez. “Instrumentistas, vocalistas, xente de formación lírica, clásica e tradicional”, coas que, tal e como resalta Peón, “hai unha relación transversal entre nosoutras” comenta sobre as persoas que a acompañarán o sábado. “Teño a sorte de que sexan amantes da miña música e pasa algo moi potente, sobre todo pola relación musical e enerxética que acontecerá no escenario”, explica Peón.


Tras a proposta nomeada “Achégate a min”, terá lugar un vídeo mapping, ás 23.00 horas, sobre a propia Torre.

Influencia e composición
Nese último traballo, “Déixaas”, que utilizarán no espectáculo do sábado, pódese dicir que hai influenzas moi diferentes como sonidos xamaicanos ou algúns electrónicos.


“Si que hai influenzas, mais non son influenzas buscadas”, comenta Peón sobre a cercanía que existe entre os ritmos dos compases de reggae e os das muiñeiras.


Ao falar da sú evolución, pódese observar unha sorte de mantra, que se pode comprobar ao escoitar a súa música, e é que “non me gusta repetirme”, di Peón.


“O primeiro disco saiume moito más rápido por toda a carga de mundo sonoro que tiña en min”, explica, “pero segundo foi pasando o tempo, ao non quererme repetir, o que acumulas entre disco e disco non é tanto”, comenta. Para a composición de novas pezas é necesario “que acumules fantasía, creatividade, praceres, para podelos plasmar”, di.


Toda esta evolución, plasmada no seu traballo, leva a que poidamos observar as diferenzas que existen entre as súas composicións. “Neste último disco a maior diferenza é a pulsión de mesturarme con mundos creativos doutra xente ou doutros lugares”, explica, ao que engade, “a subxectividade que sae é moi diferente ás anteriores”, sobre todo, por ese esforzo por non repetir o que fixo con anterioridade.

Deconstrución de conceptos
No seu traballo, Peón trata de deconstruir o concepto de muller. Parte da base de que ninguén preguntaría pola importancia que un artista lle daría á figura do home nun disco, “iso non o ves, nin está en ningures, e no meu disco tampouco está”, explica.


“Nin no escenario tampouco está, no escenario vas ver doce mulleres, pero non porque sexan mulleres, son as personas necesarias para sacar este proxecto, non lle estou dando unha importancia á muller”, explica Peón.


“Ao falar do termo muller estamos minorizando a todas as mulleres porque sí, e iso é malsano”, comenta, “somos individuais unha a unha e un a un”, engade. Así, refírese a que a utilización do termo xera unha xeralización que fai que os malos actos dun, se lle atribúan a todos por asociación.

Mercedes Peón | “Neste disco a diferenza é a pulsión de mesturarme con mundos creativos doutra xente”

Te puede interesar