“É incongruente apostar polo casco histórico e prever a construcción de 4.000 novas vivendas”

“É incongruente apostar polo casco histórico  e prever a construcción de 4.000 novas vivendas”
Copia de El Ideal Gallego-2015-05-09-019-351d27df

“A nosa ideoloxía é Betanzos”. Un veciño que coñece ben as particularidades da súa cidade é o primeiro que un ve en Hipólito Pérez. O aspirante de Betanzos Novo, a  candidatura de unidade  popular que pretende “recuperar a política para a xente”, está convencido de que, por primeira vez, “hai unha posibilidade real de cambio” na que ten que seguir sendo a capital de As Mariñas.

Non lles da medo acabar como Cidadáns por Betanzos?
Nós temos un proxecto definido para Betanzos. Un modelo de democracia, urbanístico, económico... CxB, no seu momento, preséntase para acabar co goberno de Lagares. Nós non vamos contra ninguén, contra ningún político en particular. Pero queremos un cambio de modelo.

Van contra o bipartidismo...
Porque o bipartidismo non soluciona. Hai dúas alternativas: os dous partidos que se viñeron turnando no poder nos últimos trinta anos, que representan a continuidade e a decadencia, ou un novo proxecto, que é o que intenta impulsar Betanzos Novo.

En caso de que houbera que establecer pactos, pechan a porta a PP e PSOE?
Primeiro hai que agardar aos resultados electorais e despois será a asemblea a que tome decisións. Pero nós só imos negociar un proxecto de cambio. Se é para seguir como estamos, nós non xogamos. Somos alternativa de cambio, e para cambiar, falamos con todo o mundo.

Como experto en urbanismo, non cre que esta cidade urxe un modelo urbanístico definido e un Plan Xeral.
Aínda que non está definido explícitamente, nós entendemos que si existe un modelo urbanístico en Betanzos, baseado no crecemento urbano incontrolado e na especulación inmobiliaria. Ese modelo é inviable económicamente e insostible ambientalmente. Nese sentido, o cambio ten que ser radical, apostar pola rexeneración da cidade construida e a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e natural de Betanzos.

E iso para por un PXOM.
O Plan Xeral elaborado en secreto prevé máis de catro mil vivendas novas en Betanzos. É un disparate, ademáis de inviable. Por contra, o 25% das vivendas existentes, están valeiras e sen uso...

Por que se ten feito pouco ou nada polo casco vello cando nos programas electorais de tódalas forzas figura como obxectivo destacado, como a xoia a preservar de Betanzos?
Polo modelo urbanístico. Se ti fas un modelo para medrar fora do casco histórico, por moitas medidas que tomes no casco histórico, o investimento segue indo fora. É máis, podemos estar de acordo ca maioría de medidas que plantexan os demáis partidos, pero con medidas só non se fai nada se estas non son coherentes co modelo de cidade. De que serve que rehabiliten vinte vivendas no casco se despois vou permitir construir 4.000 máis fora?  Iso é incongruente. Hai que facer un plan de movilidade urbana sostible para a améndoa da cidade, camiñar hacia a peonalización, trazar itinerarios para que os rapaces  vaian á escola seguros...

Un dos símbolos do casco vello era a Casa Gótica. Que propón Betanzos Novo para o número cinco da Rúa da Cerca?
A lexislación urbanística ofrece moitos instrumentos xurídicos para a súa reconstrucción, ben por conta do propietario, ben por parte da administración municipal a conta do propietario... Pero hai que aplicalos, e aquí non hai xestión urbanística, só desidia.

Que medidas propón para combater o desemprego e a emigración dos máis mozos?
Hai que ser realistas. Non podemos acabar coa crise. Pero si podemos mellorar algunhos aspectos e o noso programa contempla medidas dirixidas, sobre todo, ás pemes. Por exemplo, a creación dunha oficina económica, a creación de dous viveiros de empresas en sendos edificios municipais, converter a aula de informática nunha oficina para implementación das TICs...

En materia medioambiental, contemplan a posibilidade de sacar maior rendemendo a Mandeo e Mendo?
Da a impresión de que se viviu de costas a eles, cando está encaixada entre dous ríos maravillosos. O primeiro e eliminar os verquidos e completar o saneamento.

“É incongruente apostar polo casco histórico e prever a construcción de 4.000 novas vivendas”

Te puede interesar