Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Portada

A Unidade de Policía adscrita a Galicia tramitou en 2024 máis de 200 denuncias por furtivismo

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA) rexistrou en 2024 un total de 227 denuncias que conlevaron que 24 persoas fosen investigadas ou detidas, por delitos relacionados co furtivismo, o marisqueo ilegal e a pesca marítima ilegal.

Segundo informou a Xunta de Galicia nun comunicado, o balance das actuacións, tamén recolle un total de 711 inspeccións con 130 vehículos rexistrados en 808 dispositivos.

Os datos reflicten a redución da actividade delituosa como consecuencia da presión ao furtivismo por parte da UPA xunto coa Subdirección Xeral de Gardacostas da Consellería do Mar.

A estes resultados tamén contribúe o labor realizado polo Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (GOAS) que ten como obxectivo específico o de loitar contra o furtivismo e protexer os recursos mariños.

Elevada demanda

O Executivo galego quia elevada demanda que recibe este grupo de actividades subacuáticas por parte de unidades especializadas da Policía Nacional para participar en operativos desenvolvidos en ambientes acuáticos.

En canto a outros dispositivos realizados o ano pasado, destacar a Operación Capela, realizada conxuntamente coa Comisaría Xeral de Policía Xudicial da Policía Nacional, o servizo de Gardacostas e a Policía Marítima de Portugal.

No operativo incautáronse máis dunha tonelada de marisco, 79.000 euros en efectivo e un arma de fogo, cun total de 14 persoas investigadas por presunto delito de pertenza a organización criminal.

Tamén destaca a colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e coa Unidade de Mergullo da Armada con sede en Ferrol en varias intervencións vinculadas á vixilancia do patrimonio arqueolóxico mergullado.

Un exemplo diso é a realizada no marco do proxecto de investigación do pecio do galeón ‘Giacomo de Galizia’, afundido no século XVI no devandito porto. A segunda intervención foi a comprobación do estado de conservación dese mesmo precio despois de que se producise o varamento dun barco mercante na canle de entrada do porto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620