Dos intanxibles

Pensar que facendo o necesario resultará o convinte, é bastante menos certeiro do que puidera parecer. Xa non digamos o discutible nivel de eficacia daqueles que dicían deixar as cousas atadas e ben atadas. E sempre está o factor sorpresa, que descoloca e desordena as previsións xa feitas. Nunca contamos cos imponderables, nin coas efervescencias airadas daqueles que se senten permanentemente agraviados por a saber que cousas. Coñecemos o feito de que os partidos políticos son maquinarias imperfectas e sometidos, coma os deuses clásicos, á variabilidade das paixóns humanas. Pero ninguén contaba coa falla de control que deriva nun incumprimento flagrante da palabra dada e do compromiso adquirido; nin coa estupidez dalgúns de sentirse paladíns xusticeiros dalgunha estraña e moi particular xustiza. A Política non pode permitirse máis operacións de descrédito coma esas. Volven ser dous os personaxes que resucitan negras evocacións de negros episodios de engano e corrupción. Nunca valoramos suficientemente a envexa e a ira encristada dos que se consideran ofendidos. As manobras orquestrais nas zonas máis escuras da condición humana, convenientemente adobada coas propostas e promesas axeitadas, semellaran ser bálsamos de fierabrás, para calmar as ansias daqueles que aspiran a estar onde non poden estar, polo insuficiente apoio electoral obtido. Hai voces que din que estaba preparado un golpe de efecto para debilitar ao Goberno no proceso electoral de Castela e León. Se iso é certo, é preocupante e perigoso. Pero tamén evidenciaría a debilidade absoluta dos que precisan de tránsfugas, escuridade, e operacións deshonrosas, para acadar o que os debates e as negociacións lles negan. Pero Deus castiga sen pau e sen pedra, e quedan de novo en evidencia sumando así outro fracaso. Os intanxibles, é sabido, xogan infatigablemente aos dados co universo.


Vivimos como sentimos –dixo El– cultivamos afectos abrigados na saudade Sur de cada día. Somos a paixón conmovida de sentirnos...

Dos intanxibles

Te puede interesar