Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oleiros

A Xunta impulsa a competitividade do parque empresarial de Icaria en Oleiros cun investimento de 120.000 euros

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Economía e Industria, Isidoro Martínez, visitou o polígono industrial de Icaria en Oleiros para supervisar as melloras realizadas nas súas infraestruturas viarias gracias a un apoio da Xunta de 120.000 euros. A delegada aclarou que este apoio encádrase dentro da orde de axudas da Xunta para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, que contou, o ano pasado, cun orzamento total de 3,5 millóns de euros. Este parque empresarial ten unha superficie de 206.000 metros cadrados e un nivel de ocupación é de 120 empresas. Na visita a delegada informou que o Concello de Oleiros volveu a solicitar, este ano, estas axudas para seguir avanzando no proxecto executado o ano pasado.

As obras realizadas consistiron na urbanización da rúa Ícaro, incluíndo a reposición de beirarrúas daqueles viarios que presentaban un peor estado de conservación coas conseguintes obras de demolición de pavimento, colocación de bordos, renovación da rede de pluviais con novos sumidoiros e canaletas de drenaxe, instalación de tubaxes de saneamento e incluíronse tamén actuacións de repintado da sinalización viaria. A obra tamén contemplou a creación dunha nova zona de estacionamento na rúa Ícaro, incluíndo o pintado das prazas de aparcamento.

20250422 belen icaria (10)
 

O proxecto recolleu, ademais, actuacións de repintado da sinalización viaria nas rúas Sendeiro, Zeus, Pegaso, Poseidón, Eolo, praza Atenea e ramal da avda das Mariñas que da acceso ao cuartel da Garda Civil e a diversas naves. A sinalización vial consistiu no eixo e bordos, prazas de aparcamento, símbolos e marcas viais, pasos de peóns, cebreados e illotes e zig-zag de paradas de bus e zonas de carga e descarga.

Neste sentido, subliñou que con estes apoios “queremos dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións para modernizalas e ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías e promover o emprego local”.

A delegada tamén insistiu no compromiso do Goberno galego co tecido empresarial da Comunidade e apelou a seguir colaborando e traballando xunto cos concellos para “mellorar a calidade dos servizos e as oportunidades que se ofrecen aos seus veciños”. Na provincia da Coruña, o ano pasado, recibiron estas achegas 25 concellos por un importe de preto de 1,8 millóns de euros.

Nova convocatoria 2025

Belén do Campo lembrou que este ano volveuse a convocar unha nova orde con outros 3 millóns de euros en concorrencia competitiva para financiar actuacións relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde. A convocatoria pechou o período de solicitudes o 7 de marzo e o prazo máximo para resolver é de cinco meses.

As axudas teñen unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros no caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620