O trío Alana ofrece a súa mestura de tradición e pop electrónico cun concerto en Oleiros

O trío Alana ofrece a súa mestura de tradición e pop electrónico cun concerto en Oleiros
O grupo nunha imaxe promocional | JORGE LÓPEZ GRAÑA

“Alana naceu sen intención de ser Alana. Coñecín a Eloy e gravei dúas cancións con el. Faltaba algo e chamamos a Pablo para a percusión”, di Antía Vázquez, cantante do trío Alana, que mestura os temas tradicionais da música popular galega con bases de pop electrónico e que acaba de gañar o premio Xuventude Crea sen ter ningún disco publicado. O venres 2 estarán na praza da Rabadeira de Oleiros a partir das 22.00 horas.


Buscan, como a propia palabra ‘alana’ significa, a ‘harmonía’ entre o ‘tradi’ e a música moderna. “Para nós é importante que non se perdan as cancións das recollidas, a base dos nosos temas son esas señoras que cantan e non só as cancións, senón todo o que contan, todo o seu saber. Buscamos poñer en valor traballos como o da musicóloga Dorothé Schubarth”, indica Antía Vázquez, oleirense que integra o grupo xunto a Pablo Castro, de Vimianzo, e Eloy Vidal, de Corme.

 

Foliada san blas oleiros


Tanto Antía como Pablo veñen da música tradicional e beben desde pequenos de instrumentos como a gaita e a pandeireta, mentres que Eloy ten máis influencias do canto moderno e o pop. “Estamos xa gravando cousas para subir ás plataformas e agardamos ter o disco dentro duns meses”, comenta Vázquez. 

O trío Alana ofrece a súa mestura de tradición e pop electrónico cun concerto en Oleiros

Te puede interesar