Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Sargadelos recorre a dar vacacións mentres reforma a planta de Cervo

0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

A dirección de Sargadelos propúxolles aos seus empregados este venres dúas opcións, ou ben incorporarse ao traballo “baixo a súa responsabilidade” ou ben “coller vacacións a próxima semana”, á espera de que a empresa poida emendar as deficiencias detectadas pola Inspección de Traballo na fábrica de Cervo (Lugo).

Así o confirmou o secretario da CIG na comarca da Mariña, Xurxo Caldeiro, que de novo acompañou aos traballadores, xunto co responsable de Industria de CCOO na comarca, José Antonio Zan, ás portas da fábrica durante a mañá.

O persoal considera que a súa saúde é unha obriga da compañía e rexeita a proposta da dirección

“A empresa púxolles diante aos traballadores un papel no que tiñan que asinar unha das dúas opcións. En base á situación sanitaria da empresa, ou aceptaban entrar a traballar baixo a súa responsabilidade ou collían vacacións para a semana que vén”, precisou Caldeiro.

“Na asemblea a maioría decidiu non asinar ningunha das dúas opcións. Porque a responsabilidade da saúde dos traballadores é da empresa, loxicamente. Non poden renunciar a iso. É o que recolle a Lei de Riscos Laborais”, engadiu.

"Permiso retribuido"

Por outra banda, dixo que “eles non queren coller vacacións voluntariamente a semana que vén”. Pola súa banda, José Antonio Zan comentou que se o que se propuxese fose “un permiso retribuído”, non habería ningún problema”. “O que teñen que facer é falar cos traballadores, non impoñer. Non ten sentido ter aos traballadores á porta. É surrealista”, insistiu.

“Queremos que se arranxe isto, estamos a falar de persoas. Xa temos bastantes problemas nesta vida para ter a 80 persoas esperando para entrar no seu posto de traballo. Por iso pedímoslle á Xunta, ao empresario e á Inspección de Traballo que poñan á xente para traballar” e que se deixen de “vacacións”, reclamou.

Disposición da Xunta

Pola súa banda, a alcaldesa de Cervo, Dolores García, asegurou que existe “disposición total” por parte da Xunta de Galicia para “mediar entre a Inspección de Traballo” e a dirección de Sargadelos para alcanzar unha solución satisfactoria que permita manter a actividade na fábrica.

A rexedora local, que xa estivo este pasado xoves na fábrica e falou co administrador único, Segismundo García, desprazouse de novo onte á primeira hora da mañá para acompañar aos empregados.

Alí, asegurou que se “están mantendo conversacións”. Segundo a alcaldesa, por parte da Administración autonómica existe a vontade de que “haxa ese diálogo e esgotar todas as alternativas, respectando sempre, claro, a saúde laboral dos traballadores”.

“O que pido é que se manteñan esas conversacións e aos traballadores que estean tranquilos mentres se está falando, porque conservan o seu posto de traballo”, apuntou.

Segue o peche

O persoal de Sargadelos regresou á primeira hora deste venres á fábrica, que segue pechada. Con todo, eles foron, tal e como acordaron despois da reunión que mantiveron co García.

Caldeiro indicou que todos os traballadores presentáronse en Sargadelos un pouco antes da hora á que habitualmente empezan a súa xornada laboral, ás 07.15 da mañá. “Seguirán facéndoo así mentres se manteña esta situación”, adiantou o responsable sindical.

O presidente galego, Alfonso Rueda, dixo onte que espera que o García “entre en razón” e confiou en que a situación da empresa se solucione. Rueda manifestouse así a preguntas dos xornalistas en Santander, onde subliñou o “simbolismo” que esta empresa ten para Galicia.

De feito, destacou que no seu encontro coa presidenta de Cantabria, María José Sáenz de Buruaga, o agasallo institucional foi unha porcelana de Sargadelos.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara