sábado 31/10/20

Reganosa pinta de cores os tanques da regasificadora de Mugardos

Reganosa comezou a pintar as paredes exteriores dos dous tanques da planta de Punta Promontoiro, en Mugardos, para "mellorar a integración paisaxística" da terminal, informou hoxe a compañía.

la entrada en servicio del canal directo de reganosa abre posibilidades a la periferia industrial de la ciudad
Canal directo de reganosa / Foto de archivo

Reganosa comezou a pintar as paredes exteriores dos dous tanques da planta de Punta Promontoiro, en Mugardos, para "mellorar a integración paisaxística" da terminal, informou hoxe a compañía.

Os tanques incorporan franxas verticais de diversos tamaños, largos e cores que combinan a ocre, coa granate, a azul e a verde.

Con isto, a compañía enerxética procura "achegar un novo elemento de identidade ao perfil arquitectónico de Ferrol" e "responde a un mandato da Administración", explicou un portavoz da Reganosa.

O novo deseño dos tanques foi encomendado a especialistas que conxugaron criterios "paisaxísticos, administrativos e de seguridade" e tiveron en conta aspectos como "a nebulosidade do ceo" e o seu impacto sobre a "percepción cromática da ría".

De pintar os tanques ocuparase unha empresa local, Depisa, que usará uns 740 litros de pintura sobre unha superficie de 5.684 metros cadrados.

Desde que entrou en funcionamento, en maio de 2007, o Comité Cidadán de Emerxencia (CEE), que agrupa medio centenar de entidades sociais, veciñais e ecoloxistas, denunciou a localización da terminal no interior da ría ferrolá e continúa reclamando o seu traslado ao porto exterior de Ferrol. EFE.

1010582

Comentarios