Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A recadación de impostos pola Atriga aumentou case un 9% e se facilitaron as canles de pago

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A directora xeral da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), Sonia Lafont Sendino, compareceu onte no Parlamento de Galicia para informar sobre a actividade desenvolvida pola institución durante o ano 2024.Na intervención, Lafont destacou que no exercicio do 2024 a recadación dos impostos tramitados pola Atriga aumentou nun 8,9% con respecto ao ano anterior. Nese sentido, a directora subliñou que o 95,3% dos contribuíntes galegos cumpren coas súas obrigas fiscais.

Como contraparte, do total das percepcións arredor de 100 millóns de euros corresponden coa débeda detectada na loita contra a fraude fiscal. Sonia Lafont puxo de manifesto o compromiso da Atriga co exercicio de control tributario e remarcou o labor dos traballadores que, de media, detectaron unha débeda de 286.000 euros cada un.

Lafont incidíu sobre as melloras na atención aos cidadáns por parte da Atriga. Así, indicou que o sistema se caracteriza por ser “multicanle”, xa que o cidadán pode elixir se ser atendido presencial, telefónica ou tecnoloxicamente, “segmentado”, de xeito que os maiores de 65 anos reciben unha atención preferente, e eficiente porque a posesión dunha cita garante a atención “nun día e nunha hora concretos”.

Máis de 1,77 millóns de usuarios foron atendidos por Atriga o pasado ano, dos que 12.000 recibiron atención a través da canle para maiores de 65 anos. Con respecto a anos anteriores a Atriga reduciu nun 38% o tempo medio de espera dos contribuíntes, á vez que aumentou en tres minutos o tempo de atención, pasando dos 8,2 minutos en 2020 aos once no 2024.

Na liña das melloras que Atriga efectuou, Lafont deu a coñecer a renovación da web ou  o lanzamento da aplicación móbil. Lafont quixo incidir no aumento dos medios de pago que ofrece a Atriga para facilitar as xestións.

Inspección e control

Na rolda de preguntas, a portavoz do PSdeG, Patricia Iglesias Rey, solicitou o reforzo do labor de inspección e control da Atriga e instou a reforzar as campañas de sensibilización en favor do pago de impostos entre a xente nova.

Pola súa banda, Noa Presas Bergantiños, do BNG, preguntou polo número de traballadores na Atriga, ao que Lafont respostou que seguían “camiñando para ir incrementando o persoal”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620