Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O PSdeG abre o debate sobre o papel de Galicia na xeopolítica actual

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O XV Congreso Nacional do PSdeG contará como actividade paralela cun Ágora de Debate Europa, promovido polo Grupo dos Socialistas Demócratas do Parlamento europeo.

O eurodeputado Nicolás González Casares avanzou este xoves o programa desta iniciativa, que busca por el foco no papel que debe xogar Galicia en Europa.

Trátase, explicou, de contribuír á análise sobre tres cuestiones de máximo interese para Galicia na actual conxuntura económica, política e social, aproveitando a reunión do máximo órgano dos e as socialistas de Galicia, pero facéndoo “desde perspectivas europeas”.

Para iso contarase “con compañeiros e tamén con expertos externos” que contribuirán ao debate dos problemas “que de verdade preocupan á cidadanía” e que tamén teñen un compoñente europeo.

A Ágora Europa contará con tres coloquios que se desenvolverán ao longo da tarde de mañá. Tras a inauguración, por parte do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, abrirase o debate ‘A crise da vivenda: un problema europeo’.

Nel participará a tenente de alcalde e responsable das áreas de Urbanismo e Vivenda no Concello de Vigo, María José Caride; o secretario de Estudos e Programas do PSOE, Javier Izquierdo, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval.

A segunda mesa, leva por títulos ‘A UE ante a nova xeopolítica: a derivada galega’. Intervirán a directora de gabinete adxunta do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Adriana Viz Fernández; o secretario do PSOE Exterior e membro da Asemblea Parlamentaria da OTAN, o senador César Mogo, e o secretario de Política Europea e de Transformación Dixital do PSdeG, o eurodeputado eurodeputado Nicolás González Casares. Levará o debate o secretario de Análise e Prospectiva do PSdeG, Iván Puentes.

Finalmente, o último debate da tarde de mañá sábado versará sobre ‘A lingua galega, unha lingua europea’, coa presenza da deputada galega e directora en excedencia da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, e o catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo e ex membro do comité de expertos da Carta Europea para as linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, Fernando Ramallo, con moderación de Nicolás González Casares.

Pola súa banda, o  secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, amosou onte a súa confianza en que a dirección do partido atendese as demandas do colectivo xuvenil que reclamaron a “urxencia dun cambio xeracional profundo para a supervivencia do partido” e no congreso desta fin de semana prodúzase unha renovación xeracional na Executiva do PSdeG.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620