Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O crime do Bolo, primeiro asasinato machista en Galicia neste ano

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

O asasinato de Josefa, de 76 anos, no municipio ourensán do Bolo este pasado domingo, tras ser, presuntamente, agredida cunha arma branca polo seu marido, é o primeiro asasinato por violencia de xénero en Galicia neste ano.

Os feitos foron confirmados como un crime machista por parte da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, segundo precisaron fontes gobernamentais.

Antes diso, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, manifestaba, despois de  participar nun acto de condena por este crime e o asasinato por violencia vicaria de Murcia, a que todo apuntaba a iso.

En declaracións aos medios, ratificou, ademais, que o presunto autor atópabase detido no cuartel ourensán da Rúa, á espera do seu pase a disposición xudicial, “posiblemente mañá”, engadiu en relación a un caso que leva o xulgado de Trives.

O delegado do Goberno instou a esperar ao resultado da investigación, concretando ao ser cuestionado sobre se había denuncias previas que a muller non estaba dentro do sistema VioGen. “Non se contaba, nin tiña antecedentes deste tipo, pero está a investigarse”, aseverou en relación ao presunto autor e os feitos.

Os feitos producíronse sobre as 18.20 horas deste pasado domingo na parroquia de As Hermidas e ata o punto desprazouse un helicóptero medicalizado. Con todo, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á vítima.

En relación a este crime e os últimos ocorridos en España, remarcou o delegado, instou a “loitar” toda a sociedade. “Estamos ante unha situación de absoluta emerxencia e non imos dar un paso atrás #ante esta realidade”.

“Aos que negan, que recapaciten porque estamos #ante violencia machista e temos que poñer empeño en visibilizalo e para erradicala”, insistiu.

A Xunta de Galicia instou onte a todas as mulleres a denunciar mentres o Goberno galegpo se concentrou ás portas da súa sede para gardar un minuto de silencio.

Pola súa banda, O Bolo declarará este martes tres días de loito e convoca un minuto de silencio polo crime de Josefa, o primeiro por violencia de xénero no que vai de ano en Galicia, aumentando ata sete o total de mulleres en toda España. Son 1.301 o total de vítimas mortais desde 2003 cando comezaron a solicitarse datos.

"Hai que denunciar"

O tenente de alcalde do Bolo e sobriño de Josefa, asasinada polo seu marido, Miguel Ángel García Fariñas, fixo fincapé en que “cando a xente teña coñecemento destas historias hai que denunciar”, xa que, segundo lamentou, a súa tía nunca quixo facelo.

“Ela nunca quixo denunciar, a familia está consternada porque ninguén espera que isto poida pasarche, agora temos cargo de conciencia pensando se podiamos facer algo”, esgrimiu o sobriño.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara