Máis de 430.000 euros no ano que remata para 259 DGAN

Máis de 430.000 euros no ano que remata para 259 DGAN
Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, de Pontevedra, con deportistas de alto nivel | fdg

A Secretaría Xeral para o Deporte, da man da Fundación Deporte Galego, ven de publicar a resolución sobre a convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN) 2021. En total foron concedidas 219 axudas –124 homes e 95 mulleres– por un importe de 180.850 euros.

Cómpre salientar que, grazas a convocatoria extraordinaria da liña de ‘Axudas Reto Galicia Tokyo con Igualdade 2021’, con motivo dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, que beneficiaron a 40 deportistas cun importe de 250.000 euros, en 2021, 259 deportistas galegos de alto nivel recibiron axudas por 430.850 euros.

As axudas concedidas na convocatoria resolta no día de onte foron 84 DGAN 6 (de 150 a 850 euros), 21 DGAN 5 (1.000 euros), 33 DGAN 4 (2.000 euros) e 3 DGAN 3 (4.000 euros), estas concedidas a Laura Martínez e Estrella López Sheriff (judo) e Jorge Casales (motociclismo). Ademais tamén se repartiron un total de 78 Axudas DGAN Compensación COVID19 (de 225 a 3.000 euros), para aqueles deportistas que xa tiveron axuda DGAN en 2020 e que non puideron competir por causas alleas á súa vontade, directamente vinculadas á cancelación de competicións oficiais ou por sufrir corentenas por contaxio en Covid-19 ou por contaxios de contactos próximos.

Atendendo ás modalidades deportivas, das 219 axudas concedidas, o 17,8% (39) foron para padexeiros, metres que o 11,8% (26) foron para taekwondistas e o 7,3% (16) para judokas. A provincia con máis becados foi Pontevedra, co 52% (114), seguida da Coruña co 33,7% (74), Lugo co 8,2% (18) e Ourense co 5,9% (13).

Ata o venres 14 de xaneiro de 2022, poderanse presentar as reclamacións na sede electrónica da Xunta de Galicia, no rexistro da Fundación Deporte Galego ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén no correo electrónico fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal.

Con esta nova convocatoria, as Axudas DGAN outorgadas pola Xunta suman xa 6 millóns de euros e ao redor dun milleiro de deportistas beneficiados ao longo da historia. 

Máis de 430.000 euros no ano que remata para 259 DGAN

Te puede interesar