Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

A Xunta abre o prazo do premio de relato curto "Nortear" para obras escritas en galego ou portugués

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta de Galicia abriu o prazo para participar na 11º edición do premio de relato curto Nortear que recoñece obras en galego ou portugués e está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte I.P.

Dotado con 3.000 euros, o certame diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escita orixinal e inédita de 5.000 a 8.000 palabras de extensión. Ademais de recibir a dotación económica, a persoa gañadora tamén verá o seu traballo publicado fisicamente nas linguas galegas e portuguesa. Para presentar as súas candidaturas o prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño a través da web da plataforma Nortear.

Este recoñecemento converteuse nunha plataforma de lanzamento para a mocidade escritora da Eurorrexión, ao distinguir anualmente as obras literarias orixinais, incentivar a creatividade literaria e promover a distribución das obras alén das fronteiras. Cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa INTERREG 21-27 (POCTEP),trátase dun espazo cultural compartido no marco da colaboración continuada entre a Xunta e a CCDR-Norte IP a prol do coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral.

As persoas gañadoras das anteriores edicións do premio literario Nortear, ás que concorreron case 450 obras, foron Lara Dopazo, Rui Cerqueira Coelho, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar, Marta Pais de Oliveira, Vicente Vázquez e Manuel Vila Iglesias.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620