Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

“Se me preguntas que é a poesía diríache… que a poesía son as bombas caendo en Palestina ”, escribe Manuel Vázquez a xeito de autopoética (“Maldita Eternidade”. Medulia Editorial. A Coruña, 2025). Hai nesa declaración unha toma de postura que  nos leva ao verso de Celaya: “Maldigo la poesía de quien no toma partido; partido hasta mancharse”. E ‘mánchase’ Manuel a favor dos nenos asasinados en Gaza, das prostitutas forzadas e dos inmigrantes que deixan a vida nesa gran foxa na que se converteu o Mediterráneo.

Inconformista e comprometida, a voz de Manuel Vázquez denuncia, desde unha fonda humanidade, as múltiples formas de violencia que atravesan o noso tempo. Nos seus versos, a guerra non é un concepto abstracto nin un feito remoto: é unha ferida aberta na pel do mundo, un berro que nos chega desde Gaza, Ucraína, Siria, Sudán ou calquera recuncho devastado pola cobiza e o poder. A través dunha linguaxe directa e emotiva, Vázquez evoca os corpos sen nome, os nenos mortos baixo os cascallos, a mirada perdida dos sobreviventes. A ecoloxía, o xenocidio (como exterminio físico e como eliminación da identidade) son referentes básicos, cabo doutros temas de carácter cultural ou testemuñal: a infancia, o amor, o insomnio. Asemade, os textos dedicados ás poetas da xeración Beat enlazan con esa sensibilidade: a loita antirracista, o feminismo, a tolerancia, a alienación...: “Das mulleres da xeración Beat non se fala, non existiron”, constata, recuperando a figura de Elise Cowen.

Do mesmo xeito, a súa poesía recolle a traxedia cotiá dos pisos patera, espellos da miseria urbana e da explotación sen tregua. Homes e mulleres amorean os seus soños rotos en cuartos sen luz, mentres a cidade os ignora. A violencia contra os diferentes —sexa pola cor da pel, a orientación sexual, a pobreza ou a cultura— aparece nos seus poemas como síntoma dun mundo enfermo, onde a alteridade é desprezada e perseguida. Vázquez dá voz aos humildes, aos esquecidos, aos que cargan co peso da historia sen que ninguén os escoite. A súa poesía é resistencia, pero tamén esperanza: nas fendas da opresión, procura a posibilidade dun mundo distinto. Nese compromiso ético e estético, a súa obra convértese nun espello incómodo que nos obriga a mirar cara ao outro e, sobre todo, cara a nós mesmos.

Eternidade

Nun daqueles exercicios espirituais nos que ameazaban coa condena ás lapas do inferno “por un só pecado mortal”, o predicador estableceu un símil para explicarnos a eternidade: “Imaxinade”, dixo, “unha bola de aceiro fundido tan grande como a Terra. Imaxinade unha pequena formiga percorrendo o seu perímetro…”

Xa eu me adiantaba a concluír que a eternidade consistiría no tempo que a formiga tardase en dar a volta ao planeta e retornar ao punto de partida, pero continuou o cura: “…Cando a formiga, á forza de pasar e repasar, dea partido en dúas a gran bola de aceiro, aínda estará comezado a eternidade!”. Ante tamaño esforzo, tan inútil como desacougante, enténdese ben que a pobre formiga murmurase: “Maldita Eternidade!”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620