Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

Océano Eskizo irrompe cun tema que reivindica a Luigi Mangione

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

¿Que pasaría se integrantes dos máis recordados grupos da historia da escena coruñesa se xuntasen para facer a música rock que sempre lles gustou? ¿E pode unha banda xurdir do impulso de querer protestar contra unha inxustiza evidente? E ser reprimida en canto dá os primeiros pasos? O que sucedeu sorprenderache: pasou. Ou mellor aínda: está pasando.

Océano Eskizo son Jonhny Rotring, a voz de Radio Océano; Pedro Granell, o líder de Los Eskizos e de Kozmic Muffin, agora en Hormigonera; Ricardo Saavedra, fundador no seu día de Deluxe e na actualidade en Meu; Beni Glez-Dans, ex integrante de Viuda Gómez e Sporting Transilvania; Luis Jarri, batería de Eskizos e agora de Hormigonera (en resumo, o mellor de cada casa).

Xuntáronse para compoñer un tema dedicado a Luigi Mangione, o mozo que vingou a milleiros de persoas dos EUA que morreron pola letra non tan pequena do contrato do seu seguro médico. E, ao tempo, comprobaron que se pode mesturar con fluidez e potencia a ironía e épica oceánica coa a forza guitarreira eskizoide e power-pop-punk.

A primeira na fronte foi que, en canto crearon unha canle de YouTube para subir o vídeo do primeiro tema (unha montaxe bastante primitiva deles gravando no furancho de ensaio, con imaxes de Mangione reiteradamente emitidas nunha chea de televisións, e vídeos de YouTube), a plataforma clausuroulles –en primeira instancia e en apelación– a canle por infrinxir as normas sobre “organizacións criminais e violentas”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620