domingo 25.08.2019

Ficción e realidade histórica flúen á par na última novela de Emma Pedreira, “As Fauces Feroces”

A retórica poética da propia autora lle sirve para facer que a trama e o tema desta nova obra  non sexan tan crús

La autora coruñesa Emma Pedreira, durante la presentación de uno de sus libros | javier albores
La autora coruñesa Emma Pedreira, durante la presentación de uno de sus libros | javier albores

A poetisa e escritora coruñesa Emma Pedreira vén de publicar a súa nova novela, “As fauces feroces”, que, en realidade, “encerra dúas novelas dentro”.

A primeira destas dúas “novelas” trata unha situación “actual”, mentres que a segunda versa sobre unha situación histórica e realista, a “historia de Bendetta Carlini, que é unha monxa italiana da época da Contrarreforma”, comenta Pedreira.

Pode semellar que son dúas historias que non teñen nada que ver entre si, pero si que teñen un punto en común, “que é a diversidade afectiva e sexual”.

Ficción e realidade flúen nesta obra “á par” e nalgún punto “conflúen” coa fin de “tratar de xerar un debate entre aquela historia e a parte ficcional”, explica a autora coruñesa.

A relación entre as catro personaxes é algo que “terá que ver a persona que lea, é parte do reto”.

“Mamá morrerá mañá”, é a demoledora frase coa que comeza o primeiro dos relatos de Pedreira. É unha sorte de “homenaxe” á esa frase de “El Extrenjero” de Camus, “que tamén comeza moi parecido”. Con esa primeira sentenza “xa sabes o que vai pasar, pero ata compoñer toda a historia que nos leve ata aí, xa lle estás tendendo unha ponte e unha actitude un pouco lúdica e tamén un pouco enigmática á persona que le”, di Emma Pedreira.  

Nesta obra é visible a retórica poética de Pedreira á hora de narrar as dúas historias, que “axuda a que a trama non sexa tan crúa”.

Futuros proxectos

Acaba de publicar esta novela, pero todavía ten pendente a publicación doutras dúas obras.

Unha desas pendentes é “Os corpos invisibles”, obra coa que vén de gañar o premio de literatura xuvenil Jules Verne. Tamén está por publicar “As voces ágrafas”, coa que venceu no premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. Aínda que ela di que o que quere agora é “descansar no verán”.

Comentarios