DILUVIO: así é o terceiro disco de Tanxugueiras

Tanxungueiras en el videoclip del tema nuevo/ archivo

O disco, que estará dispoñible en tendas e plataformas dixitais a partir do 29 de xullo, xa se pode reservar a través da páxina web oficial www.tanxugueiras.gal  


O terceiro disco de Tanxugueiras xa ten título: ‘DILUVIO’. As pandeireteiras desvelan nesta xornada o nome, portada e títulos das cancións do novo álbum, que estará dispoñible nas plataformas dixitais e tendas físicas a partir do vindeiro 29 de xullo, e que xa se pode reservar a través do espazo web oficial  www.tanxugueiras.gal.  

Este terceiro traballo discográfico de Tanxugueiras, editado por Calaverita Records, referenda a liña musical de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, na que apostan pola reinterpretación da tradición galega a través da súa fusión con ritmos urbanos, próximos ao trap ou a electrónica. Neste sentido, ‘DILUVIO’, cuxa foto de portada é obra de Neelam Khan Vela, nace como unha viaxe de revisión e cuestionamento de crenzas ou presuntas culpas instaladas na sociedade. 
 
Se con ‘Contrapunto’ as cantareiras propoñían un particular xogo de espello entre o lado bo e malo da vida, co novo álbum pretenden provocar un auténtico ‘DILUVIO’ sobre o establecido: é un camiño que as pandeireteiras percorren a través de verbos como ver, escoitar, equivocar, lembrar ou apoderar. Apoiadas sobre estes, as músicas apostan por reformular esas crenzas ou máximas e convertelas nunha serie de aprendizaxes transformadoras para a vida. 
 
‘DILUVIO’ inclúe dez temas –e outros dous instrumentais de apertura e peche do disco-, dos que o público xa coñece éxitos como ‘Midas’, ‘Figa’ ‘Averno’ ou ‘Terra’, ademais dos sinxelos recentemente publicados: ’Seghadoras’, ‘Desidia’ e ‘Pano Corado’. Precisamente estes tres últimos temas dan boa conta da conceptualización do disco e reverte os discursos de odio e a opresión coa dignidade das ‘Seghadoras’, defende o dereito ao autocoidado con ‘Desidia’, ou chama pola defensa do amor libre en ‘Pano Corado’. O venres 29 de xullo, día do lanzamento do álbum, daranse a coñecer os cinco novos temas que pechan o DILUVIO: ‘Treboada’, ‘Arica’, ‘Sorora’, ‘Fame de Odio’ e ‘Acougo’. 
 

DILUVIO: así é o terceiro disco de Tanxugueiras

Te puede interesar