Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

Xa non quedan viaxeiros. Agora somos todos turistas. Non hai lugar ao descubrimento, á exploración, ao descoñecido. Por viaxeiro entendemos a Marco Polo, que comezou a súa aventura en 1271, con apenas dezaseis anos, acompañando a seu pai Niccolò e o seu tío Maffeo. O destino era Oriente, concretamente a corte do emperador mongol Kublai, neto de Gengis Khan. A expedición, de carácter comercial (“decidiron embarcar pola mar grande para facer prosperar os seus negocios”), cruzou Persia, o val do Indo e o deserto do Gobi ata chegar á China, daquela coñecida en Europa como Catay.

Marco permaneceu máis de dúas décadas ao servizo de Kublai Khan, gozando do favor do emperador 

e exercendo diversas misións diplomáticas e administrativas. Poucos europeos chegaran tan lonxe e, menos aínda, permaneceran tanto tempo en terras asiáticas achegados ao poder. Cando finalmente regresou a Venecia en 1295, tras unha longa travesía marítima que incluíu escalas na India e no golfo Pérsico, poucos acreditaban nas marabillas que contaba.

Tres anos despois, nunha batalla naval entre as cidades rivais de Venecia e Xénova, foi capturado e preso. Marco coincidiu no cárcere co escritor Rustichello de Pisa. Aproveitando o encerro e as historias fabulosas de Marco, ambos colaboraron na redacción do que hoxe coñecemos como Il Milione —As viaxes de Marco Polo—,  unha das obras máis influentes da Idade Media.

A narración combina descricións detalladas de costumes, produtos e xeografías… con episodios  imaxinarios: cidades de ouro, pedras máxicas, ríos que brillan na escuridade, tribos caníbales, homes con rabo (sen segundas!). A crónica,  esquemática e recorrinte (“os indíxenas son idólatras, teñen gando cabalar”) convive coa fantasía desbordada. Xa se advirte de inicio: “Hai cousas que non viu pero que as escoitou doutros homes sinceros e veraces…para que o noso libro resulte verídico, sen tretas nin enganos”.

Porén, o debate aínda persiste. Algúns historiadores dubidan de que Marco Polo estivese nalgúns  lugares que describe ou critican que non mencione aspectos fundamentais da cultura chinesa da época, como a escrita ou o té. Consideran outros que a omisión de detalles non invalida o conxunto, pois o obxectivo de Marco e Rustichello era fascinar, máis que informar, nunha época na que o mundo era moito máis “pequeno”, non había radio nin televisión, e a maioría das persoas permanecían toda a vida na contorna de orixe.

Entretemento

O relato de Polo e Rustichello debe lerse, pois, como a visión duns europeos que se esforzan en comprender o alleo. A intención non era construír un rexistro rigoroso, obxectivo, senón elaborar un relato marabilloso, extraordinario, sorprendente…, destinado a un público fascinado  por remotas culturas, misteriosos países e territorios ignotos.

Malia as expresadas dúbidas, a influencia das viaxes foi enorme. Traducido e copiado en múltiples 

linguas, o libro circulou por toda Europa. Séculos despois, inspiraría navegantes como Cristovo Colón, que levaba consigo un exemplar na súa viaxe ás Indias. Marco Polo abriu a canle entre Occidente e Oriente; e non era un turista.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica