Leva máis de trinta anos ao frente da comisión de festas do Burgo e polo de agora non ten pensado deixalo. É máis, xa cerrou o contrato coa orquestra América de Vigo para que actúe no Santiago do ano que ven. Se cadra de esa vitalidade lle veña a Manuel Regueira o sobrenome ‘Stoichkov’, o seu (e de moitos máis) referente futbolístico.
Que fixo a súa comisión para convertir a festa do Burgo nunha das máis importantes, senón a máis, da comarca?
Home, o que se fixo é o sitio da festa, o paseo marítimo, e tamén teñen importancia as actuacións. Pero o do paseo é o ‘no va más’. Se un quere pasear, pasea; se un quere verbena, ten verbena, e se un quere atracións, tamén as ten. Tes de todo, hasta postos de comida. A ver se non se poñen moi intransixentes, agora, coas inspeccións.
Comentaba vostede o das actuacións.
Coidado, aquí sempre tivemos a flor e nata das orquestras. Aquí, desde que nos anos oitenta estou na comisión, en 1990 collín a presidencia, sempre tivemos as millores. A Panorama e a París de Noia viñeron practicamente todos os anos. O que pasa é que agora o presuposto vaise polas nubes.
Falando de presuposto, teñen cota? Van polas casas? Como fan para ter financiación?
Facemos unha revista na que as empresas da zona poñen publicidade e despois o resto sae da festa, principalmente das atracións. Nós non temos outra axuda máis que a que dá o Concello en servicios. Eso, si, en servicios o que nos faga falla.
Este ano cal vai ser o día forte das festas?
O día máis forte sempre é o día dos fogos. Este ano, o primeiro día tamén o sería, pero como non está a Panorama... Que, por certo, a min nunca me gustou. Temos un programa moi bo pero como falte a Panorama e a París. Xa varios me dixeron: é que non ven a Panorama. E eu pregúntolles: que comisión de festas hai por aquí a volta que teña as dúas? Ningunha. Arteixo que ten boas festas este ano ten a Panorama pero non a París. A nós o presuposto non nos alcanza. A Panorama este ano, non sei, pero vaise a 24.000 euros ou máis.
Nunca fixeron un cálculo da xente que pode vir a festa un día como o dos fogos?
Poden chegar a ser cen mil persoas? Eso é incalculable. Hai xente polos dous lados do paseo. Veñen tamén de Vilaboa, de Perillo. Hai hasta buses para traer e levar xente da Coruña. Xa digo, é incalculable.
En que momento empezaron a notar que esta festa era distinta ao resto?
Cando aínda se facía o outro lado da ponte (medieval). Aló polos anos oitenta. Xa eran unhas festas moi boas. Eran catro días, viñan as mellores orquestras e cabían moitas atracións. Eran terrenos de Torres y Saez e tiñamos que pedirlles permiso.
Habitualmente hai queixas?
Home, sempre hai algún que lle molesta todo. Pero, non. Nós cumprimos o horario e, se non, ven a Guardia Civil e pecha todo.