Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carral

Javier Gestal: “O Plan Xeral, o saneamento e o inventario de camiños son esenciais”

Javier Gestal protagonizou unha das sorpresas da área metropolitana en maio, logrando a maioría absoluta en Carral con Alternativa dos Veciños -sete concelleiros-.

O balance é positivo?

Si, estamos traballando moito, como no anterior mandato, pero dun xeito tranquilo e sempre en positivo.

Que metas se marca? 

Sacar adiante o Plan Xeral, que é un dos meus principais compromisos coa veciñanza, e avanzar no inventario de caminos e no saneamento das parroquias, cunha depuradora en boas condicións. Todo iso sen mermar áreas como a de Servizos Sociais.

Como están sendo as relacións coa oposición? 

Normais. O pobo confiou en nós para seguir levando a cabo o noso proxecto para Carral e, nese sentido, traballamos do xeito que nos parece máis correcto. Eles teñen o papel de dicirnos o que cren que non estamos facendo ben, é o seu traballo.

Algún proxecto ‘estrela’? 

Ademais do PXOM, o inventario e o saneamento, que son esenciais, queremos que a Sareb conclúa os edificios inacabados.