Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergondo

Teatro, maxia, obradoiros e unha ofrenda floral para conmemorar o Día das Letras Galegas en Bergondo

0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

O Concello de Bergondo publicou a súa programación de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego. O teatro, a maxia, os obradoiros e a tradicional ofrenda floral enchen a axenda de actos.

A primeira actividade xa terá lugar este venres, 5 de maio, e será un taller de cartón para construír bonecos, a cargo de Mircromina Teatro de Títeres. En canto aos obradoiros, continuarán o venres 12 de maio cun de imprenta tipográfica creativa, de Alouette Machine, o venres 19 de maio cun obradoiro de creación de libros, impartido por Estefanía Padullés, e, por último, o venres 26 de maio, cunhas sesións de arrolos e cantigas de berce a cargo da Fundación Legar. O prazo de inscrición remata o mércores anterior a cada obradoiro.

A Senra será, unha vez máis, o lugar escollido para realizar a XIV Ofrenda Floral prevista para o martes, 17 de maio, ás 11.30 horas. No acto, aberto a todos os públicos, ademais da ofrenda haberá unha actuación do grupo ‘Gaiteiros de Bergondo’ e unha lectura de poemas do libro ‘Cartografía dos nomes’ (obra gañadora do II Premio de Poesía Filomena Dato) pola súa autora, Lucía Durán Paredes. Cada asistente será agasallado cun exemplar da obra.

No auditorio da Senra terá lugar o luns 15 de maio unha función escolar para o alumnado de primaria, ‘As nosas letras’, do Mago Teto, e o luns 22 de maio outra para secundaria, ‘Chulísima’, de Aldaolado’. Ademais, o sábado, 13 de maio, ás 18 horas, Lîlâ Teatro interpretará a súa función ‘Memorias dun can de palleiro’. Estas obras forman parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina