Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

Xiradela celebra o seu Festival de Música e Baile Tradicional de 2025

Xiradela convida á veciñanza da contorna a asistir como público ao seu Festival de Música e Baile Tradicional de 2025 que terá lugar mañá, sábado 14 de xuño a partir das 17:30 horas no anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo.

Aproximadamente un cento de persoas actuarán nesta cita repartidos en 19 grupos de baile e música tradicional.

Xiradela celebra o seu Festival de Musica e Baile Tradicional de 2025 (2)

Agárdase que, como en anos previos, máis de 300 persoas se dean cita no anfiteatro, con acceso aberto e libre, para seguir este festival que ten como protagonista o folclore e a tradición galegos.

Entre as persoas que actuarán haberá un amplo abano de idades representadas. Xente desde os 3 anos ata máis de 70 bailarán e tocarán instrumentos tradicionais dando conta de que o folclore galego non ten idade. A nosa cultura continúa pasando de xeración en xeración manténdose viva.

A lista de grupos participantes é a seguinte:

1.  Bilitroques

2.  Estalotes

3.  Grupo de gaitas

4.  Cataruxa

5.  Marusía

6.  Xiradeliñas

7.  Mistura

8.  Chiculate

9.  Arroutada

10.  Riscadeiras

11.  Xiradeliños

12.  Algarada

13.  A Reghochoe

14.  Xestiñas

15.  Lume

16.  Foliadeiras

17.  A Pedreira

18.  Retroula

19.  Cinquilimpé

Nesta Festival de Música e Baile Tradicional colaboran a Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo.

Xiradela celebra o seu Festival de Musica e Baile Tradicional de 2025 (1)