A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Vilarmaior

A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Vilarmaior
Xuntanza entre o alcalde e a conselleira

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este xoves na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña unha reunión de traballo co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quintián.

 

Nesta xuntanza, na que tamén estivo presente a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello coruñés, de xeito especial en materia de infraestruturas.

 

María M. Allegue fixo fincapé na importancia que ten que as administracións colaboren para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común: mellorar a calidade de vida da veciñanza.

A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Vilarmaior

Te puede interesar