Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

O vínculo permanente con Galicia de Maruja Mallo, unha muller libre, valente e irreverente

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Tras a charla de Antón Reixa no ciclo ‘Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX’, esta tarde é a quenda da xornalista Carme Vidal. Ás 19.00 horas, no Museo de Belas Artes, impartirá a conferencia ‘Maruja Mallo: a súa conexión permanente con Galicia’.

“A miña idea é facer fincapé en toda a súa traxectoria vital, biográfica, e destacar o vínculo que sempre tivo con Galicia, dende que nace en Viveiro”, comenta Vidal, que tamén afondará “nesa figura dunha artista extraordinaria que ten que exiliarse e sobre ela pesou un gran silenciamento polo exilio e pola súa condición de muller”.

“Ela era un dos grandes nomes brillantes do Madrid cultural dos anos trinta e logo desaparece incluso das memorias dos seus compañeiros”, engade Vidal, que tamén tratará, explica, “esa vontade que tivo de reinventarse, de darse a coñecer, de que a xente saiba quen é Maruja Mallo”.

Pero o fío de toda a súa palestra será ese vencello con Galicia, “que foi moito máis do que se recoñecía”, asegura en alusión ao que sempre se di de que Mallo naceu en Viveiro dunha maneira “case circunstancial” polo feito do destino do seu pai, funcionario de aduanas. “Pero non é así, hai unha liña de continuidade grande que vincula a Maruja Mallo con Galicia, aínda que marchase con 11 anos”, explica Vidal, en referencia ás obras creativas con referencias aos traballos do mar e as súas relacións co exilio galego ou os textos que mandou desde Buenos Aires, como a serie de artigos ‘Relato veraz do que aconteceu en Galicia’, “un texto de denuncia da represión, no que falaba de Alexandre Bóveda ou Carballeira”.

Un cuarto de século

O traballo de Vidal arredor de Maruja Mallo “é de hai 25 anos”, cando traballando en ‘A Nosa Terra’, na redacción descubriron o que denominaron como “Mulleres sorpresa”. Referíanse a María Casares, María Luz Morales, as irmás Alvajar ou a propia Mallo. “Decidimos sacar unha colección editorial para descubrilas, construir a súa biografía e dalas a coñecer”.

Así empezou a buscar “a explicación daquela vella tan coloreada que participaba na movida madrileña”, unha muller “valente, libre e irreverente”.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos