A Deputación lanza a campaña “Mobilizados x ti” de cara ao 8M

A deputada María Muiño, en primeiro plano, presentou a campaña/Pedro Puig

A Deputación Provincial lanza, de cara ao 8M, Día da Muller, a campaña “Mobilizados x ti”, coa que pretende poñer o foco nas desigualdades entre homes e mulleres baseándose en datos reais, segundo indicou a deputada María Muíño.


Entre eses datos destacou que o 75% das persoas ocupadas a tempo parcial no último trimestre de 2021 foron mulleres e que o 87% das persoas inactivas por ter que coidar a dependentes son, tamén, mulleres.


Muíño chamou a atención sobre aspectos como a fenda salarial e explicou que o “x” do título da campaña ten un carácter “multiplicador, para que todo o mundo se sume”. A iniciativa incluirá tamén a difusión de dez vídeos e a realización dun concurso en redes sociais.


A Deputación celebrará o seu acto institucional polo 8 de marzo ese mesmo día ás 11.00 horas no pazo provincial, onde haberá lectura de manifestos e unha actuación musical.

A Deputación lanza a campaña “Mobilizados x ti” de cara ao 8M

Te puede interesar