"A Maxia de Europa" na Biblioteca Provincial

EUROPE DIRECT A Coruña convida á cidadanía a celebrar o Día de Europa cun espectáculo de maxia para descubrir os valores e as oportunidades da Unión Europea dun xeito lúdico. A representación terá lugar ás 18 horas do 9 de maio na sala Manuel López da Biblioteca Provincial da Coruña.

‘A Maxia de Europa’ reúne xogos, trucos, ilusións e humor para realizar unha viaxe máxica e dinámica para maiores e pequenos a través dos valores, símbolos, beneficios e algún dos programas da Unión Europea. O público asistente poderá seguir os trucos de maxia realizados coas bandeiras europea e dos estados membro ou a moeda común, entre outros elementos. O espectáculo estará guiado polo mago Pedro Bugarín, un ilusionista con máis de 15 anos de experiencia no seu eido e que tamén ten vivido múltiples experiencias de mobilidade en Europa.

O aforo da sala é limitado polo que, para asistir, é preciso reservar praza no seguinte formulario.


Fecha inicio: martes, 9 de mayo de 2023 18:00
Fecha fin: martes, 9 de mayo de 2023 19:00
Lugar: Biblioteca Provincial
Dirección: Biblioteca Provincial, Calle Riego de Agua, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

martes 23
miércoles 24
jueves 25