“As novas linguaxes nas artes do movemento

A sede da Fundación Paideia Galiza en A Coruña (Praza de María Pita, 17) acollerá o martes 13 de maio a conferencia “As novas linguaxes nas artes do movemento”. Será ás 18:00 h e participarán como relatores o danzador e coreógrafo Jesús Carmona (Premio Nacional de Danza 2020) e o bailarín e coreógrafo galego Daniel Rodríguez, que estarán acompañados por Paula Quintas, bailarina, coreógrafa e xestora cultural, que será a encargada de conducir o acto. O showcase correrá a cargo da intérprete e creadora galega Julia Laport.

A inscrición é gratuíta ata completar capacidade e está dispoñible a través da web www.paideia.es.

“As novas linguaxes nas artes do movemento” será a primeira conversa do ciclo Entre formas e palabras que xirará arredor do sector da danza. Estes encontros, que combinarán relatorios con actuacións ao vivo, celebraranse entre maio e outubro en diferentes localidades galegas co obxectivo de favorecer o intercambio, o debate e a reflexión arredor do papel dos/as profesionais da danza en Galicia e das novas.

Esta iniciativa realízase en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Fecha inicio: martes, 13 de mayo de 2025 18:00
Lugar: Fundación Paideia Galiza
Dirección: Fundación Paideia, Plaza de María Pita, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos