Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Agenda

Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra”

Prosegue o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, nos que se coñece de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.

O terceiro acto do ciclo terá lugar o vindeiro martes 13 de maio coa autora de banda deseñada Emma Ríos, que será presentada polo académico Miguelanxo Prado; o día 20 será o turno do fotógrafo Óscar Corral, gañador do Premio Ortega y Gasset 2025 para finalizar o día 27 coa tamén fotógrafa Victoria Diehl.

Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña).

Fecha Iniciomartes, 13 de mayo de 2025 20:00

Fecha Findomingo, 31 de diciembre de 1899 23:45

LugarAcademia Galega de Belas Artes

Dirección Real Academia Galega de Belas Artes, Plaza del Pintor Sotomayor, A Coruña, La Coruña, España

Mapa de ubicación