Concerto de Pablo Sanmamed Trío

O Pablo Sanmamed Trío (Pablo Sanmamed, dirección musical e contrabaixo; Iago Mourinho, piano; e Bruno Coucieiro, batería), contará no Colón coa colaboración de Benxamín Otero (óboe e corno inglés). Compositor, contrabaixista, director musical e produtor, o santiagués Pablo Sanmamed pasa por un período especialmente fértil de escritura, gravacións e recoñecemento, como recolle o seu terceiro álbum de estudo, titulado Zugunruhe, en referencia a certo comportamento ansioso que impide migrar a algúns animais; en especial algunhas aves aves. Este concepto etolóxico motiva parte das composicións do disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia desa necesidade de movemento. Coa incorporación ao trío do óboe e do corno inglés do reputado Benxamín Otero, no Maio Jazz poderemos gozar dun cuarteto que forxa un son comunitario absorbente e inmersivo.

As entradas pódense conseguir de balde na web do teatro Colón.

Fecha inicio: domingo, 28 de mayo de 2023 20:00
Fecha fin: domingo, 28 de mayo de 2023 22:00
Lugar: Teatro Colón
Dirección: Teatro Colón, Avenida Marina, A Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

sábado 20