O vindeiro luns, día 26 de maio ás 19.30 horas haberá unha nova sesión do Cineclub Bóveda coa proxección do filme 'Just Pals (Simplemente amigos)', un dos primeiros filmes de John Ford.
Mestre de mestres, John Ford é considerado por moitísimas persoas (e en particular, por un grande número de cineastas) a figura máis importante da historia do cinema. Para alén das súas obras maiores da época sonora, de Arrowsmith a Sete mulleres, a filmografía de Ford inclúe non poucas alfaias xa dende o seu inicio, na época silente. É o caso de Just Pals (Simplemente amigos), unha comedia (romántica) disfrazada de western que é tamén unha gozosa celebración da amizade.