Exposición “70 anos da Agrupación Folklórica Aturuxo”

Este martes, día 20 de maio, ás 19.30 h, haberá unha visita guiada á exposición que celebra os 70 anos da Agrupación Folklórica Aturuxo. Homenaxe ás Pandereteiras de Mens con Isabel García Quintela, presidenta de Aturuxo.

Na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga (R/ Durán Loriga, 10) está esta exposición que repasa os 70 anos de historia do Aturuxo e os 20 anos de actividade artística das cantareiras de Mens.

A exposición ofrece fotografías, artigos de prensa, documentación e obxectos da agrupación e lembra que foi na Coruña, no Teatro Colón, onde as Pandereteiras de Mens actuaron por primeira vez sobre un escenario galego, en maio de 1972.

Nesta visita gozaremos tamén dunha pequena actuación das pandereteiras de Aturuxo.

Fecha inicio: martes, 20 de mayo de 2025 19:30
Lugar: Sala de exposicións Salvador de Madariaga
Dirección: Sala Municipal de Exposiciones Salvador de Madariaga, Calle Durán Loriga, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

martes 20
miércoles 21