Onde está a Xunta no proceso de recuperación?

iante da pandemia que desde o mes de marzo do ano pasado condiciona a vida da poboación mundial, os Gobernos adoptaron distintas medidas para conseguir a crise sanitaria non se tornara nunha crise económica. O Goberno de España e a Unión Europea entenderon que, a diferenza do que aconteceu coa crise do 2008, non podía recaer sobre os cidadáns o peso de recuperación. Por iso tanto a Unión Europea como o Goberno de España aprobaron orzamentos netamente expansionistas, orzamentos que converten o gasto público nunha potente ferramenta de impulso económico para recuperar o impulso económico e reverter as inercias derivadas das medidas de prevención.

Así, o Goberno de España reforzou os seus orzamentos para o ano que vén con máis de 40.000 millóns de euros para investimentos reais e transferencias de capital, con fondos sociais e formativos como nunca houbera neste país. Ese fondos extraordinarios deseñáronse para chegar a todos o territorio, por iso o Estado reforzou os orzamentos autonómicos como nunca o tivera feito, e por iso a Xunta ten hoxe os orzamentos máis elevados da súa historia, con 1.500 millóns de euros máis.

Mais a Administración autonómica decidiu rachar a cadea de transmisión de fondos públicos que tiña que chegar, no seu último elo, aos concellos, as administracións máis achegadas aos cidadáns, os concellos.

Os datos son suficientemente elocuentes: cun orzamento de 1.500 millóns máis que o ano pasado, a Xunta inviste no 2022 na Coruña só 50 millóns de euros, que son 10 millóns menos que no 2019, antes da pandemia.

Nun momento como o actual, coa cidadanía precisando dun pulo para saír da crise da Covid-19, a Xunta está a aplicar un modelo de reparto arbitrario dos fondos públicos, un modelo que discrimina a centos de miles de galegos por motivos que nada teñen que ver coa eficiencia económica do investimento público. A estratexia partidista de afogar financeiramente aos concellos das grandes cidades nos que reside a metade da poboación galega non é unha boa estratexia. Limitar o acceso dos concellos aos fondos públicos previstos desde Europa e desde España para a recuperación non é a mellor maneira de impulsar a economía no ámbito local, máxime cando os concellos tiveron que suplir moitas veces e incomparecencia da Xunta para activar plans de emerxencia. O Concello da Coruña afronta unha factura Covid de máis de 30 millóns de euros, fondos municipais dedicados moitas veces a actuacións que son de competencia autonómica.

Diante dun problema como o que nos tocou vivir, as institucións teñen que escoller se queren ser parte da solución ou ser elas mesmas parte do problema. Moitos temos dados pasos á fronte para aportar solucións. A Xunta semella que discorre por outro camiño

Onde está a Xunta no proceso de recuperación?

Te puede interesar