Do correcto

|

A corrección debera formar parte do manual de instrucións de como argumentar, debater e xestionar a política e as decisións políticas. Incluso cos indultos, para min acertados, porque implican vontade de conciliación e visión de presente e de futuro. Contrariamente ao que os conservadores anuncian e proclaman, non son ilegais. Teñen todas as garantías constitucionais. Nin se lles elimina a inhabilitación para exercer cargo público e a súa validez queda sempre supeditada ao cumprimento da lei. As medidas que implica esta decisión parte da xenerosidade do Estado do Dereito, a pesar de que foron xulgados e condenados. Moi lonxe da pretensión dunha amnistía que demandaban os afectados, e ademais acción executada antes de que Europa, cunha lexislación diferente sobre determinadas figuras de rebelión e sedición, recomendara poñelos en liberdade. Por unha vez, dende a Confederación de Empresarios á Conferencia Episcopal están de acordo coa adopción desta medida. Todos menos menos o PP, Vox e Cidadáns que seguen practicando a política do ruído. Aínda que parecera que os populares descubriran o mediterráneo de repente, era evidente que os indultados non ían renunciar aos seus ideais independentistas, e que as súas declaracións ían ser sesgadas e presentándose como vencedores de algo que, xa ben saben eles, perderon. Non se lle escapa a ninguén que as homenaxes a estes personaxes pola saída do cárcere, non contaron case con aplaudidores. Hai que darlle tempo ao tempo. Aplicar políticas de conciliación e magnanimidade, son unha demostración de superioridade e fortaleza. Dicían na Cena, aquela magnífica obra na que os protagonistas, Fouché e Talleyrand, deciden o futuro da revolución francesa, que a chuvia sempre foi contrarrevolucionaria. Tamén a equidade, a corrección e a exemplaridade.


A soidade é un longo exercicio de silencio –dixo El– unha convicción de ciclos que retornan ao punto de partida. Sentirse vulnerable ou fráxil, é unha condición elemental de estar vivo...

Do correcto