“Vestir épocas. 1860-1960”

|

É posible contemplar, no Museo de Belas Artes, cen anos da historia da moda, na extraordinaria colección da coruñesa Ana González-Moro Valera, algunhas de cuxas pezas xa estiveran na mostra “Con fío en Galicia” do ano 1916, na Cidade da Cultura; a actual acolle unha selección de máis de 300 prendas que, estratéxicamente colocadas, dialogan co espazo do Museo e coas súas coleccións de arte. Os comisarios, Fernando Agrasar Quiroga, arquitecto e profesor na Escola de Arquitectura da Coruña, e Román Padín, profesor da Facultade de Belas Artes de Vigo, especialista en moda, percuraron un deseño innovador que resaltase o contido da colección e desvelase as relacións iconográficas que, sen dúbida, é posible establecer cos cadros. É preciso enfatizar a requintada calidade do exposto que pon en valor o traballo de xastres, modistas, bordadoras, artesáns de xoias e adubíos e demáis; tamén queda salientada a elegancia e bon gusto no vestir da burguesía coruñesa destes anos, (acorde pensamos coa exquisita arquitectura urbana) que fixo da nosa cidade un referente de distinción e finura. De maneira que a colección, tan mimosamente gardada pola súa dona, denota a alta cultura estética das damas e cabaleiros que circulaban polas nosas rúas. Que se deteña no ano 1960, xusto cando comenzaba unha nova época que refugaba o pasado é se buscaba unha forma máis sinxela de vestir, engádelle a esta colección un valor testemuñal e social.


Curiosamente, é a partir da década do 70 cando a moda empeza a ser considerada como museable i é exposta nos grandes museos do mundo; que hoxe o faga por primeira vez no Museo da Coruña é un fito histórico, como salientaron os comisarios na presentación do catálogo. A mostra ten nove seccións. Na entrada recíbenos a “ cámara das maravillas” ou Wunderkammer que recolle todo tipo de adubíos e complementos: abanos, tocados, zapatos, estolas, peinetas, fíbulas, etc. O papel dos complementos está presente tamén en “Pequenas principalidades”. “Corpo e silueta” está dedicada á roupa interior: corsés, suxeitadores, corpiños..., todas aquelas prendas que modelaban o corpo e que ían embelecidas por encaixes, bordados e puntillas; crean un curioso contraponto cos cadros de espidos de Brocos, Rivera, Failde ou Díaz Pardo. “Mulleres de branco e cabaleiros de negro” amosa a roupa de bodas, postas de longo e outras ceremonias e faino en compaña de obras do Barroco con escenas de xuntanzas e xogos. “Corpos celestiais” ofrece traxes de bautismo e de comunión, con fondo de cadros relixiosos, como “O apostol S.

Andrés” de Rivera. A roupa de servizo e a de loito e uniformes teñen tamén a súa sección. Os “Traxes de visita e de viaxe” van en compaña de Sorolla, Sotomayor, Llorens, Seijo Rubio....” A roupa de festas, de paseo e de calle é recollida en “Flàneries e folies”, xunto a Seoane, Datas, Lugrís, Souto......e pon un boche de ouro a este “magnífico arquivo de recordos e imaxinación”, como di Padín.

“Vestir épocas. 1860-1960”