Así non nos vale, Feijóo

Pouco tempo atrás o presidente de Galicia, o señor Feijóo, nunha entrevista na radio de todos e todas, falaba da AP-9 e falaba de que vai ser transferida, estou seguro de que falaba en serio é máis sei que no 2018 ou 2019 vaia ser transferida porque tamén vai ser transferida a autoestrada vasca.   É unha boa nova, é unha acción de recibo para o noso País, para a nosa Terra, pero ollo non vai ser a solución de nada, dada a mediocridade política dos populares galegos.
Tende en conta que xa o presidente do Partido Popular, na mesma entrevista, puxo a vacina antes de tempo (é máis listo que algunha eurodeputada, este sabe do funcionamento das vacinas) falando dunha sorte de flexibilización de peaxes de ida-volta-volta-ida dunha tarifa nocturna ... unha vergoña, ou se é presidente ou non se é. A AP-9 e non só esta senón todas a autoestradas galegas teñen que ser como as asturianas, gratis.
É bo ir adiantándose e berrando “Así non vale, Feijóo”, así non solucionamos nada, no canto de vender xestións miserentas e mediocres explique presidente por que os galegos pagamos e outros non, por que as nosas empresas teñen que ser menos competitivas, por que o que tiña que vertebrar o País e unha trampa para a economía, por que o carburante é máis caro en Galicia, por que con menos salarios pagamos nas autoestradas...  a resposta e por que vostedes non pensan en Galicia, non queren ser galeguistas, queren ser homes de Estado e mentres soñan coa Monclóa a nosa Terra padece. Lembrade galegos que este presidente veu con paracaídas a Galicia.
Por unha vez temos que ser capaces de ver a súa torpe estratexia, non poden vendernos esta xestión coma se fose a chave das noces. Non poden facer unha solución cosmética pensando en votos e no aparello de publicidade, non poden poñer un prezo tan baixo a Galicia. Señor Feijóo, se de verdade é presidente de Galicia, se de verdade se considera galeguista, se de verdade sinte o noso País, reclame ás competencias precisas, quite os peaxes, reclame as inversións necesarias para que a xente de Galicia vivamos o mellor posible, para unhas mellores e máis competitivas empresas, para atraer inversión, para xerar emprego, de momento non o está a facer. Con humildade: Así non nos vale, Feijóo.

Así non nos vale, Feijóo

Te puede interesar